[GAL] Nesta lectura atopamos a 4 mulleres que falan, cada unha, cun contestador. Marina, que acaba de deixalo coa súa parella. Carmela, a quen acaban de diagnosticarlle unha enfermidade. Sara, que semella que a súa vida aparentemente perfecta non consigue facela feliz. E Viviana, que vive en Madrid unha viva completamente diferente á que cre a súa familia. Cada capítulo do libro dedícaselle a unha delas e pouco a pouco imos vendo como avanzan as súas historias e como se relacionan entre si. No Club de Lectura penso que non deixou indiferente a ninguén, xa que se abordan uns temas bastante espiñentos que nos removeron a todas en maior ou menor medida. Penso que é un libro ideal para facer unha lectura conxunta (ou cando menos para comentar con alguén despois de lelo e compartir impresións). Nós, ademais, tivemos a sorte de poder charlar coa autora e que nos explicara por que incluíu eses temas e por que os abordou desa maneira, o cal sempre lle dá un plus á lectura. Persoalmente sigo quedándome coa saga de Abad e Barroso, pero xa ía sendo hora de descubrir as outras facetas da escrita de Arantza! [CAS] En esta lectura nos encontramos con 4 mujeres que hablan, cada una, con un contestador. Marina, que acaba de dejarlo con su pareja. Carmela, a quién acaban de diagnosticarle una enfermedad. Sara, que parece que su vida aparentemente perfecta no consigue hacerla feliz. Y Viviana, que vive en Madrid una viva completamente diferente a la que cree su familia. Cada capítulo del libro se le dedica a una de ellas y poco a poco vamos viendo cómo avanzan sus historias y cómo se relacionan entre sí. En el Club de Lectura pienso que no dejó indiferente a nadie, ya que se abordan unos temas bastante espinosos que nos removieron a todas en mayor o menor medida. Pienso que es un libro ideal para hacer una lectura conjunta (o cuando menos para comentar con alguien después de leerlo y compartir impresiones). Nosotras, además, tuvimos la suerte de poder charlar con la autora y que nos explicara por qué incluyó esos temas y por qué los abordó de esa manera, lo cuál siempre le da un plus a la lectura. Personalmente sigo quedándome con la saga de Abad y Barroso, pero ya iba siendo hora de descubrir las otras facetas de la escritura de Arantza! + Leer más |