[GAL]
Emma Cline toma como base a historia dos crimes de Charles Manson para crear unha novela centrada nas rapazas que levaron a cabo os asasinatos. Nela móstranos como é a complexa transición entre ser nena e adulta, que nos fai en moitas ocasións levar a cabo accións ou comportamentos que non van con nós, para encaixar ou agradar a algunha persoa que consideramos superior a nós.
Encantoume o feito de que narra a historia acontecida en 1969, pero de cando en vez volve a un momento presente e móstranos á Evie adulta e como lembra eses momentos, ademais de deixar ver retallos das consecuencias que eses acontecementos tiveron na súa vida posterior, na súa forma de relacionarse coa xente, etc.
Por todo o mundo é sabida a miña obsesión por historias de crimes, reais ou ficticias, pero ler esta historia fíxome pensar no pouco que sei realmente sobre a matanza de Manson (a pesar de que a toma como unha referencia e non está completamente baseada nela). Penso que é un caso tan popular que quizais por iso non tiven aínda a curiosidade que teño por outros que non foron tan famosos/mediáticos, pero ler esta historia espertou a miña curiosidade, así que creo que investigarei máis sobre o tema!
[CAS]
Emma Cline toma como base la historia de los crímenes de Charles Manson para crear una novela centrada en
las chicas que llevaron a cabo los asesinatos. En ella nos muestra cómo es al compleja transición entre ser niña y adulta, que nos hace en muchas ocasiones llevar a cabo acciones o comportamientos que no van con nosotras, para encajar o agradar a alguna persona que consideramos superior a nosotras.
Me encantó el hehco de que narra la historia ocurrida en 1969, pero de vez en cuando vuelve a un momento presente y nos muestra a la Evie adulta y como recuerda esos momentos, además de deijar ver retazos de las consecuencias que esos acontecimientos tuvieron en su vida posterior, en su forma de relacionarse con l gente, etc.
Por todo el mundo es sabida mi obsesión por historias de crímenes, reales o ficticias, pero leer esta historia me hizo pensar en lo poco que sé realmente sobre la matanza de Manson (a pesar de que la toma como una referencia y no está completamente basada en ella). Pienso que es un caso tan popular que quizás por eso no tuve aún la curiosidad que tengo por otros que no fueron tan famosos/mediáticos, pero leer esta historia despertó mi curiosidad, así que creo que investigaré más sobre el tema!