A Esmorga é unha grande obra da literatura galega escrita por Eduardo Blanco-Amor. Transcorre nos arrabaldes e na cidade de Auria, tal e como o autor chamaba a súa cidade natal Ourense, e inspirouse nunha historia que escoitara de rapaz, da que despois de mozo foi reunindo documentación e recollendo os testemuños da xente que vivira naquel tempo. Cibrao o Castizo atópase detido e esta a prestar declaración ante o xuíz na que conta a súa versión do sucedido aquel día. Nunha Auria baixo unha temible choiva ía o Castizo, despois de reconciliarse ca Raxada, a ver si lle daban xornal nas obras da estrada nova. Para chegar alí tiña que atravesar toda a cidade. No camiño atópase con dous homes, que resultaron ser Xan o Bocas e Aladio O Milhomes. E pronto as boas intencións de o Castizo decaen o xuntarse cos dous para iniciar a esmorga con eles. Nese relato, transcorre por rúas e lugares reais da cidade de Ourense durante vintecatro horas aínda que tes a sensación de que durou moito máis, alternándose o pasado e o presente. O autor fainos un retrato costumista no que o pesimismo e a tristura son permanentes en ademais de retratarnos a dureza da vida naquel tempo sobre todo para a xente do común. Os homes ían o xornal nun traballo incerto, as mulleres tiñan que exercer a prostitución ou servían os señoritos e como era véspera do día de feira a cidade estaba chea de tratantes e feirantes. Pero tamén nos fai un relato da sociedade daquela época, dos valores imperantes, das dificultades e as poucas oportunidades que había para saír adiante E logo esta como o autor toca diferentes controvertidos nesa época como son a prostitución, a homosexualidade, a violencia de todo tipo incluíndo a de xénero. Algo moi ousado tendo en conta o tempo no que foi escrito este libro e a censura que longo sufriu. Son 120 páxinas que tiven que ler a modiño porque mantén o vocabulario daquela época, tal e como se usaba na fala que dificulta entender algunhas expresións ou palabras. Esta obra foi levada o cine. E se tendes ocasión, os recomendo facer a ruta da Esmorga, a cidade de Ourense ten polo distintos lugares onde transcorre unhas placas de cerámica ilustradas que reproducen os momentos da obra. + Leer más |