InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de Chuspaixonporler


Chuspaixonporler
03 February 2024
A Esmorga é unha grande obra da literatura galega escrita por Eduardo Blanco-Amor.


Transcorre nos arrabaldes e na cidade de Auria, tal e como o autor chamaba a súa cidade natal Ourense, e inspirouse nunha historia que escoitara de rapaz,  da que despois de mozo foi reunindo documentación e recollendo os testemuños da xente que vivira naquel tempo.


Cibrao o Castizo atópase detido e esta a prestar declaración ante o xuíz na que conta a súa versión do sucedido aquel día. Nunha Auria  baixo unha temible choiva ía o Castizo, despois de reconciliarse ca Raxada, a ver si lle daban xornal nas obras da estrada nova. Para chegar alí tiña que atravesar toda a cidade. No camiño atópase con dous homes, que resultaron ser Xan o Bocas e Aladio O Milhomes. E pronto as boas intencións de o Castizo decaen o xuntarse cos dous para iniciar a esmorga con eles.


Nese relato, transcorre por rúas e lugares reais da cidade de Ourense durante vintecatro horas aínda que tes a sensación de que durou moito máis, alternándose o pasado e o presente. O autor fainos un retrato costumista no que o pesimismo e a tristura son permanentes en ademais de retratarnos a dureza da vida naquel tempo sobre todo para a xente do común. Os homes ían o xornal nun traballo incerto, as mulleres tiñan que exercer a prostitución ou servían os señoritos e como era véspera do día de feira a cidade estaba chea de tratantes e feirantes. Pero tamén nos fai un relato da sociedade daquela época, dos valores imperantes, das dificultades e as poucas oportunidades que había para saír adiante

E logo esta como o autor toca diferentes controvertidos nesa época como son a prostitución, a homosexualidade, a violencia de todo tipo incluíndo a de xénero. Algo moi ousado tendo en conta o tempo no que foi escrito este libro e a censura que longo sufriu.


Son 120 páxinas que tiven que ler a modiño porque mantén o vocabulario daquela época, tal e como se usaba na fala que dificulta entender algunhas expresións ou palabras.


Esta obra foi levada o cine. E se tendes ocasión, os recomendo facer a ruta da Esmorga, a cidade de Ourense ten polo distintos lugares onde transcorre unhas placas de cerámica ilustradas que reproducen os momentos da obra.

Comentar  Me gusta         40



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro
Apreciaron esta crítica ()(4)ver más