[GAL] Eu escoitara falar moi ben de María Oruña, e agora digo con coñecemento de causa que todo o que escoitín era ben merecido.
"
Puerto Escondido" é unha novela narrada en dúas liñas temporais: por unha banda, no presente asistimos á investigación policial acaecida a raíz do descubrimento do cadáver dun bebé na casa que Oliver acaba de herdar en Suances (Cantabria). Pola outra banda, atopamos os diarios iniciados en plena Guerra Civil dunha persoa narradora que se dirixe directamente a nós, ás persoas que a lemos.
Ademais, unha vez aparece o corpo, comezan a sucederse asasinatos na zona.
Que terá que ver a primeira liña temporal coa segunda? Que clase de relación ten a persoa narradora con Oliver? Que pode ter que ver un corpo que semella tan antigo coas persoas que están morrendo na actualidade?
María Oruña fía todo cunha destreza impecable e deixaranos coa intriga practicamente ata o último momento. Da man de Valentina Redondo, a teniente que dirixe as investigacións policiais, guiaranos a través deste crebacabezas que semella non ter solución.
Ademais, nótase que a autora coñece a localización onde ubica a súa novela: as descricións son tan precisas e detalladas que semella que unha mesma está en Cantabria.
Remato esta novela con ganas de seguir lendo á autora e de acompañar á teniente Redondo nas súas aventuras, sen dúbida.
[CAS] Yo escuchara hablar muy bien de María Oruña, y ahora digo con conocimiento de causa que todo lo que escuché era bien merecido.
"
Puerto Escondido" es una novela narrada en dos líneas temporales: por una banda, en el presente asistimos a la investigación policial acaecida a raíz del descubrimiento del cadáver de un bebé en la casa que Oliver acaba de heredar en Suances (Cantabria). Por la otra banda, encontramos los diarios iniciados en plena Guerra Civil de una persona narradora que se dirige directamente a nosotras, las personas que la leemos.
Además, una vez aparece el cuerpo, comienzan a sucederse asesinatos en la zona.
¿Qué tendrá que ver la primera línea temporal con la segunda? ¿Qué clase de relación tiene la persona narradora con Oliver? ¿Qué puede tener que ver un cuerpo que parece tan antiguo con las personas que están muriendo en la actualidad?
María Oruña hila todo con una destreza impecable y nos dejará co la intriga prácticamente hasta el último momento. de la mano de Valentina Redondo, la teniente que dirige las investigaciones policiales, nos guiará a través de este puzzle que parece no tener solución.
Además, se nota que la autora conoce la localización donde ubica su novela: las descriciones son tan precisas y detalladas que parece que una misma está en Cantabria.
Acabo esta novela con ganas de seguir leyendo a la autora y de acompañar a la teniente Redondo en sus aventuras, sin duda.