Si compartes vida con animais non humanos, especialmente con gatxs, definitivamente tes que ler a Laura Agustí.
Misi mais eu convivimos dende fai dezaseis anos. Xuntas vivimos cinco mudanzas, algún percance sanitario (nada grave pola súa parte), a chegada de Sofía (nada facil para ela) e momentos complicados e traumáticos nos que nunca se separou de min.
As veces que me sube ao peito e se me coloca encima co seu ronroneo, a masaxe que fai coas súas patiñas... Cando se enrosca e me fai "o caracol" porque non sabe como poñerse do a gusto que está. Terapia sin ser terapia. Ela sabe os momentos nos que estuven mal de verdade, sen saber o que significaban- solo por instinto- por percibir cousas na súa sintonía.
"Pierdo la noción del tiempo entre caricias y ronroneos".
Agora penso no maior que xa é e se está facendo, nos hábitos que mudou, no pouco que xoga, no cariñosa que se volveu e de como me busca porque necesita seguridade.
Pouco se fala do duelo polas nosas compañeiras non humanas, de que vai suceder cando ese momento chegue. Estamos preparades para a súa ausencia?
Laura Agustí consigueu que pensara sobre ti, que me emocionara, que me remontara atrás -en todo o que vivimos xuntas - ,do que nos queda.
A autora a modo autobiográfico, remóntase a un pequeno pobo de Teruel, onde viveu unha infancia rodeada de animais e de naturaleza. Ate que por motivos educativos e laborais se despraza a Barcelona. Alí a cousa cambia, mais o seu amor e relación -con e polos gatxs- solo foron o principio dunha metamorfose.
Aquí é cando aparece Oye, un gato siamés co que conviveu dezasete anos.
Desta maneira Laura vai intercalando vivencias e curiosidades dos gatos ao longo da historia (da que xa coñecemos pero non é única), coa súa persoal.
Para isto válese dunhas preciosas ilustracións hiperrealistas, onde a esencia de cada gatx, can, paxaro... está reflexada cunha magnífica calidez.
+ Leer más