Este libro chegou ás miñas mans grazas a @edicionsxeraisdegalicia 😊 Certo é que xa lle tiña botado o ollo porque María Solar é unha autora á que sigo e tiven a oportunidade de ler dúas das súas novelas, en concreto " A culpa" e "As horas roubadas", que tedes apuntados no meu perfil. Nesta ocasión estamos ante unha novela xuvenil , clara homenaxe a "Carmilla" de Sheridan le Fanu, o primeiro clásico de vampiros escrito en 1872. A autora actualiza a historia , modernízaa para que sexa máis atractiva para o público ao que vai dirixida. O libro preséntanos a Laura, unha moza que na actualidade reside en Madrid pero que se criou nun pazo galego. Alí, durante a súa infancia , ocorren unha serie de feitos que a marcarán e aos que terá que enfrontarse cando decide volver a casa a pasar o verán. Unha das maiores virtudes da novela é a capacidade que ten a autora para crear a atmosfera idónea para o desenvolvemento da trama, indo de menos a máis ata alcanzar o seu punto máis álxido nas páxinas finais. Destacar tamén a construción das personaxes , a capacidade de enlazar a trama sobrenatural co tratamento de temas tan importantes como a saúde mental, a identidade ou a aceptación da diferenza e a ambientación, que consegue que o pazo se converta nun personaxe con vida propia na narración. Nas últimas páxinas , a acción de desata e a novela vólvese máis perturbadora ata desembocar nun final que me sorprendeu gratamente. Construída a base de capítulos curtos, Adeline é unha lectura amena que gozarán tanto os adultos como adolescentes así que non dubidedes en darlle unha oportunidade. O libro está dipoñible en castelán na Editorial Anaya e en catalán a Edicions Bromera. ------------------------------------------------------------------------------------ Este libro llegó a mis manos gracias a la Editorial Xerais. Cierto es que ya le había echado el ojo porque María Solar es una autora a la que sigo y tuve la oportunidad de leer dos de sus novelas, en concreto " La culpa" y "Las horas robadas", que tenéis reseñados en mi perfil. En esta ocasión estamos ante una novela juvenil , claro homenaje a "Carmilla" de Sheridan le Fanu, el primer clásico de vampiros escrito en 1872. La autora actualiza la historia , la moderniza para que sea más atractiva para el público a lo que va dirigida. El libro nos presenta a Laura, una joven que en la actualidad reside en Madrid pero que se crió en un pazo gallego. Allí, durante su infancia , ocurren una serie de hechos que la marcarán y a los que tendrá que enfrentarse cuando decide volver la casa a pasar el verano. Una de las mayores virtudes de la novela es la capacidad que tiene la autora para crear la atmósfera idónea para el desarrollo de la trama, yendo de menos a más hasta alcanzar su punto más álgido en las páginas finales. Destacar también la construcción de los personajes , la capacidad de enlazar la trama sobrenatural con el tratamiento de temas tan importantes como la salud mental, la identidad o la aceptación de la diferencia y la ambientación, que consigue que el pazo se convierta en un personaje con vida propia en la narración. En las últimas páginas , la acción de desata y la novela se vuelve más perturbador hasta desembocar en un final que me sorprendió gratamente. Construida la base de capítulos cortos, Adeline es una lectura amena que disfrutarán tanto los adultos como adolescentes así que no dudéis en darle una oportunidad. El libro está disponible en castellano en la Editorial Anaya y en catalán a Edicions Bromera. + Leer más |