InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
ISBN : 8411102645
320 páginas
Editorial: Edicións Xerais (16/02/2023)

Calificación promedio : 4/5 (sobre 2 calificaciones)
Resumen:
A vida de Dina Souto, que traballa como bolseira nun xornal, abala nunha contradición permanente: intentar ser unha persoa normal ou deixarse levar pola violencia brutal que prendeu nela durante a infancia e que lle gusta máis do que quere recoñecer. O asasinato que presenciou sendo cativa e a pertenza a unha entidade secreta son elementos que se cruzan cunha traxedia persoal e un amor eterno que parece imposible.

Cun estilo rotundo, directo e moi est... >Voir plus
Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro
Críticas, Reseñas y Opiniones (1) Añadir una crítica
Clarion
 08 May 2023
🚕Este mes, a lectura conxunta do noso clube de lectura foi "Non temerás os coches amarelos" da malpicá Marta Villar. Unha novela dunhas 300 páxinas que fai un percorrido pola vida da protagonista, Dina, dende a súa infancía até a vida adulta.

❤️‍🩹Grazas as lembranzas de Dina observamos un contexto e un telón de fondo que nos fala da vida no rural, do machismo, dos traballos antigos, da minaría de Wolfram... entre outras moitas temáticas que nos van achegando a vida Bergantiñá do século pasado, e tamén a actualidade.

👣A novela está ambientada en zonas achegadas coma Malpica de Bergantiños, de onde é a protagonista, Carballo, Monte Neme, Compostela ou a Coruña entre outros lugares. O que a fai aínda máis interesante para as persoas que habitamos estos lugares.

💫A narración, ao comezo parece algo caótico, xa que a través de capítulos moi curtos vas dando saltos no tempo na vida da protagonista, que te van levando a infancia e retornando a actualidade, pero que son moi necesarios para entender ese contexto da vida de Dina que nos vai facer entender o que é, e como é na actualidade. Todas as feridas e cargas que arrastra e que forxaron a súa personalidade.

💛É unha lectura moi agradable, para disfrutalo a pequenos groliños, a pesar de ter capítulos curtos non predomina a axilidade na lectura, xa que te vai facendo reflexionar sobre moitas cousas, e che vai ofrecendo datos moi interesantes que dixires aos poucos. Malia todo isto é unha lectura sinxela, e ao meu parecer moi amena.

📚Recoméndovola a todxs, pero sobre todo se sodes da zona, tedes que leela si ou si!!!
+ Leer más
Comentar  Me gusta         10
Libros más populares de la semana Ver más
Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro




Test Ver más

Sobre Marcel Proust

¿En que año nació Marcel Proust?

1835
1840
1871

8 preguntas
2 lectores participarón
Thème : Marcel ProustCrear un test sobre este libro