InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
ISBN : 8411103870
144 páginas
Editorial: Edicións Xerais (01/09/2023)

Calificación promedio : 4/5 (sobre 2 calificaciones)
Resumen:
Vinte persoas descoñecidas van pasar unha fin de ano ao deserto de Merzouga, no Sáhara marroquí, unha viaxe organizada que atravesa o país. Non é máis ca unha excursión ordinaria que calquera podería facer cun todo terreo e cun simple mapa, pero acabará por converterse nunha travesía singular, liderada por un guía fumado e dous condutores bérberes esquivos. Desa experiencia, unha das viaxeiras volve convencida de que, durante unha noite que dormen ao raso, foi traba... >Voir plus
Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro
Críticas, Reseñas y Opiniones (1) Añadir una crítica
miracomoleo
 09 November 2023
Quince anos despois dunha viaxe organizada para pasar a fin de ano no Sáhara, a protagonista de 'Xa vemos palmeiras' rememora os días que pasou en África. Reflexiona sobre o que aprendeu e o que non lle aprenderon, o que ela percibiu e como era percibido polo resto, as relacións entre o grupo e tamén o feito de que unha viaxe pode ser extraordinaria, si, pero hoxe en día en viaxar non hai nada de extraordinario.

A medio camiño entre a ficción e a crónica (está baseado nunha viaxe real da autora), ofrece unha ollada moi acertada sobre o 'fast travel' e sobre como nos autoconvencemos de que ese tipo de experiencias acabaranse convertendo en puntos de inflexión nas nosas vidas e, na realidade, non son tal. Por moito que as semanas despois as pasemos incordiando, moi dificilmente nos producirán unha transformación prolongada: son pausas, parénteses, e o sistema encargarase de devolvernos a un punto similar ao anterior, pero non exacto, porque sempre quedan as amizades gañadas.

Unha novela lixeira no seu estilo, pero que fai pensar todo o tempo sobre moitas cuestións como a superioridade moral do 'primeiro mundo' (o que nos di sobre non facerlle agasallos á rapazada polas súas posibles consecuencias quedoume gravado) e a das esferas urbanas (que ven exotismo e un choque cultural en algo que é día a día nas contornas rurais). Ademais, as pílulas de historia sobre o Sahara contribúen a enriquecer o texto, xa que axudan a comprender mellor a historia e o funcionamento da sociedade visitada. E ademais, divertida e moi entretida. Pódese pedir máis?
+ Leer más
Comentar  Me gusta         00
Libros más populares de la semana Ver más
Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro

Otros libros de Ana Cabaleiro (2)Ver más




Test Ver más

Harry Potter Super Expert Level

Cuantos años se lleva Ron con Fred y George?

1
2
3
4

15 preguntas
29 lectores participarón
Crear un test sobre este libro