[GAL] Seguramente, en maior ou menor medida, a todas nos resulten familiares os nomes de Penélope e Circe, as protagonistas desta historia. Circe, divinidade coñecida por converter aos homes en animais, concretamente naqueles aos que ela considera que se semellan. Penélope, raíña de Ítaca que prometeu volver contraer matrimonio cando rematase o sudario do seu sogro. Sudario que facía polo día e desfacía pola noite para adiar unha nova voda que non desexaba. Se ben a historia tratou de converter a Penélope e Circe en inimigas a raíz da relación de ambas con Ulises, Begoña Caamaño tratou de demostrar que isto non tivo por que acontecer así. Pola conta, páxina tras páxina, a través das cartas que se escribían a unha á outra, vemos como entre elas se vai tecendo unha fermosísima historia de amizade e confianza. Pero tampouco todo é marabilloso e para min a evolución das personaxes foi unha sorpresa. A de Penélope foi unha sorpresa das boas: coñecín a unha muller íntegra e valente. Pero Circe para min foi unha personaxe que foi de máis a menos; adoreina ao comezo e acabei cansa dela cara o final. As nosas dúas protagonistas vanse sincerando entre elas, rompendo o mito que chegou a nós a través das súas confesións mutuas e demostrando, unha vez máis, que é a historia (escrita por homes) a que quixo convencernos de que as mulleres debemos ser inimigas unhas das outras, pero que esta idea non pode estar máis afastada da realidade. [CAS] Seguramente, en mayor o menor medida, a todas nos resulten familiares los nombres de Penélope y Circe, las protagonistas de esta historia. Circe, divinidad conocida por convertir a los hombres en animales, concretamente en aquellos a los que ella considera que se parecen. Penélope, reina de Ítaca que prometió volver a contraer matrimonio cuando acabase el sudario de su suegro. Sudario que hacía por el día y deshacía por la noche para atrasar una nueva boda que no deseaba. Si bien la historia trató de convertir a Penélope y Circe en enemigas a raíz de la relación de ambas con Ulises, Begoña Caamaño trató de demostrar que esto no tuvo por qué pasar así. al contrario, página tras página, a través de las cartas que se escribían la una a la otra, vemos como entre ellas se va tejiendo una hermosísima historia de amistad y confianza. Pero tampoco todo es maravilloso y para mí la evolución de los personajes fue una sorpresa. La de Penélope fue una sorpresa de las buenas: conocí a una mujer íntegra y valiente. Pero Circe para mí fue un personaje que fue de más a menos; la adoré al comienzo y acabé cansada de ella hacia el final. Nuestras dos protagonistas se van sincerando entre ellas, rompiendo el mito que llegó a nosotras a través de sus confesiones mutuas y demostrando, una vez más, que es la historia (escrita por hombres) la que quiso convencernos de que las mujeres debemos ser enemigas unas de las otras, pero que esta idea no puede estar más alejada de la realidad. + Leer más |