InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
ISBN : 8411104982
320 páginas
Editorial: Edicións Xerais (07/03/2024)

Calificación promedio : 4/5 (sobre 1 calificaciones)
Resumen:
Unha mañá de outono calquera no MoMA de Nova York Abril Andrade contempla «A noite estrelada» de Van Gogh cando recibe noticia da irreversibilidade do seu cancro e, seguidamente, do falecemento do tío Bastián. A herdanza do vello faro familiar proporciónalle un inesperado refuxio onde o mar, a area e os toxos conforman a paisaxe solitaria na que ela se resigna a aceptar a súa propia morte. Contra todo prognóstico, unha corza esmagada no asfalto, un raposo famélico c... >Voir plus
Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro
Críticas, Reseñas y Opiniones (1) Añadir una crítica
Ruth_Oliveira
 29 April 2024
A morte agarda á espreita nesta novela e, así a todo, é unha lectura luminosa, chea de pequenas chiscas de ironía como xeito de rebelarse contra a fatalidade. Pode que, neste caso, morrer sexa o de menos.

Abril Andrade recibe a nova da súa próxima morte, pois sofre un cancro irreversible. Ao tempo herda un vello faro do seu tío Bastián, quen acaba de finar. No faro, Abril Andrade fará balance da súa vida, procurará refuxio no mar, nas conversas con Lisco e na compaña desa natureza que, coma ela, loita contra as sacudidas da hostilidade.

Rosa Aneiros escribe unha novela que, en aparencia sinxela, abarca moitos temas: a enfermidade, a memoria, os coidados, o dó, a natureza, etc. O faro derruído e impertérrito é quen de soster todo isto. A súa fraxilidade de ruína aparente deixa entrever tamén fortaleza. O mesmo que acontece coa protagonista.

Dúas mortes entretecidas: a que xa aconteceu, do tío Bastián, e a dela, moi próxima. Concorren nunha casualidade que é decisiva. Pois, sería ela quen de mudarse ao faro no caso de gozar de boa saúde? O faro é unha fuxida da realidade, unha burbulla na que illarse do transcorrer do tempo. Mais é tamén unha volta ao pasado. A rememorar a relación co seu tío. A reescribir, se cadra, a súa propia historia. O faro é, ao fin, un abeiro no que agardar a morte.

Encántanme as historias nas que as protagonistas dan un xiro repentino e necesario nas súas vidas e, nas súas escollas, a natureza preséntase como un refuxio, un lugar no que comezar de novo. A natureza convértese en casa e tamén en confidente.

Adorei o comezo desta novela, no que Abril atópase no MoMA de Nova York deixándose cativar pola beleza de «A noite estrelada» de van Gogh, mentres trata de dixerir a nova da súa enfermidade terminal. Este inicio é un xeito perfecto de mergullarse na lectura. Como dicía ao principio, trátase dunha novela luminosa: os astros, o faro (luz real ou evocada), as cebolas, pois hai moito de luminosidade e de translúcido nas súas capas.

Adorei tamén a lixeireza nas conversas entre Abril Andrade e Lisco. Hai moito de pena compartida e tamén de desafogo. Adorei tamén ao raposo Leonardo que xorde de entre as sombras e a oportuna Abril, no momento preciso para axudalo, pois «Unha non pode morrer cando algo ou alguén te necesita».

E as cebolas? O ciclo da vida reflectido nos bulbos lémbralle á protagonista que a morte forma parte da vida. Hai tantas lecturas que podemos facer no cultivo das cebolas, na expectación pousada nas sementes. Agardar que a vida prenda. As cebolas que fan chorar pero, ¿son lágrimas reais? As cebolas que abrimos en capas, e descubrimos o que nelas permanecía oculto. Capas a capas que retirar para comprender a verdade, para comprenderse.

Non deixedes de ler esta magnífica novela. Moitas grazas a Xerais polo envío do exemplar e permitirme gozar desta lectura.

Enlace: https://www.instagram.com/p/..
+ Leer más
Comentar  Me gusta         00
Libros más populares de la semana Ver más
Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro


Lectores (1) Ver más




Test Ver más

Sobre Marcel Proust

¿En que año nació Marcel Proust?

1835
1840
1871

8 preguntas
2 lectores participarón
Thème : Marcel ProustCrear un test sobre este libro