De pequeno ía mercar ó quiosco os fins de semana a Voz de Galicia, ó principio era un mero ritual para ler as noticias co almorzo, pero ó cabo de pouco tempo pasou a ser case unha necesidade ler esa pequena columna (á marxe) que escribía un señor na contra do periódico, tíñame hipnotizado co que contaba. Carlos Casares nunca usaba termos ou temas rimbombantes, valíase da cercanía, do cotiá, un día escribía do caldo que lle facía a súa avoa, o día seguinte dos xoguetes de madeira que lle fabricaban de neno, e ó seguinte dun día que se encontrou con alguén... esa cercanía e a intelixencia e humildade ca que escribía, eran únicas. Dende aquí o meu particular homenaxe á primeira obra dun escritor que merece a pena ser lido. Vento ferido... ten moito do máis actual, o termo bullying quedaríase curto para definir a violencia que azotan nestes relatos. O ano pasado foi traducido ó castelan por Impedimenta. |
Audio. Entrevista a Carlos Casares de Editorial Galaxia. Portal Editores y Editoriales Iberoamericanos (siglos XIX-XXI) - EDI-RED. Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. http://www.cervantesvirtual.com/portales/editores_editoriales_iberoamericanos/
Visita la web de la Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes
en http://www.cervantesvirtual.com
Y ven a ver nuestras redes sociales:
Facebook: https://www.facebook.com/Fundaci%C3%B3n-Biblioteca-Virtual-Miguel-de-Cervantes-115005045196224/
Google+: https://plus.google.com/u/0/114726148566779552899
Twitter: @fbvmc