InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de libro_tsundoku


libro_tsundoku
18 June 2023
De pequeno ía mercar ó quiosco os fins de semana a Voz de Galicia, ó principio era un mero ritual para ler as noticias co almorzo, pero ó cabo de pouco tempo pasou a ser case unha necesidade ler esa pequena columna (á marxe) que escribía un señor na contra do periódico, tíñame hipnotizado co que contaba.

Carlos Casares nunca usaba termos ou temas rimbombantes, valíase da cercanía, do cotiá, un día escribía do caldo que lle facía a súa avoa, o día seguinte dos xoguetes de madeira que lle fabricaban de neno, e ó seguinte dun día que se encontrou con alguén... esa cercanía e a intelixencia e humildade ca que escribía, eran únicas.

Dende aquí o meu particular homenaxe á primeira obra dun escritor que merece a pena ser lido. Vento ferido... ten moito do máis actual, o termo bullying quedaríase curto para definir a violencia que azotan nestes relatos. O ano pasado foi traducido ó castelan por Impedimenta.
Comentar  Me gusta         10



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro
Apreciaron esta crítica ()(1)ver más