InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de Beavazquez_


Beavazquez_
17 April 2024
[GAL] Mirade se estaba eu segura de que a escrita de Dolores Redondo me ía gustar, que facía anos que tiña na casa non un, senón dous libros dela agardando por min.

Nesta novela, a inspectora Amaia Salazar debe enfrontarse á investigación duns crimes atroces. As vítimas son sempre rapazas xoves e a escena do crime está preparada en todos os casos dun modo dantesco.

Estes crimes acontecen en Elizondo, a súa vila natal, que leva anos evitando. Volver a ese lugar obrigaráa a enfrontarse ás súas pantasmas, que coñeceremos a medida que vaiamos lendo e que farán que empaticemos perfectamente con ela.

Varias cousas me gustaron desta novela. Por unha banda, que Amaia sexa unha protagonista tan forte e decidida. Tamén o feito de que falen do seu pasado facendo unha estadía en Quantico (non vos vou mentir, aquí saiu a miña vea friki de criminópata). E, sobre todo, as pinceladas que hai sobre mitoloxía ao longo de todo o relato. Sen estar eu moi posta neste tema, recoñezo que cando aparece nun libro síntome moi atraída por el. Penso que coñecer a mitoloxía dun lugar axúdanos a coñecer a súa idiosincrasia.

Por último paréceme destacable un tema que, sen ser o principal, tamén sobrevoa toda a novela: a maternidade. Por un lado atopamos unha personaxe que di que unha muller en idade de procrear que non ten fillos está incompleta. E polo outro está a nosa inspectora que non mitifica para nada a maternidade e amosa as súas dúbidas e reticencias sobre esta cuestión, a pesar da presión do seu entorno. Evidentemente non coincido nada coa primeira muller (é máis, penso que non pode estar máis errada) pero entendo que é unha intervención que a autora emprega para marcar ben as diferentes opinións que podemos ter sobre un mesmo tema.

[CAS] Mirad si estaba yo segura de que la escritura de Dolores Redondo me iba a gustar, que hacía años que tenía en casa no uno, sino dos libros de ella esperando por mí.

En esta novela, la inspectora Amaia Salazar debe enfrentarse a la investigación de unos crímenes atroces. Las víctimas son siempre chicas jóvenes y la escena del crimen está preparada en todos los casos de un modo dantesco.

Estos crímenes ocurren en Elizondo, su pueblo natal, que lleva años evitando. Volver a ese lugar la obligará a enfrentarse a sus fantasmas, que conoceremos a medida que vayamos leyendo y que harán que empaticemos perfectamente con ella.

Varias cosas me gustaron de esta novela. Por una banda, que Amaia sea una protagonista tan fuerte y decidida. También el hecho de que hablen de su pasado haciendo una estanacia en Quantico (no os voy a mentir, aquí salió mi vena friki de criminópata). Y, sobre todo, las pinceladas que hay sobre mitología a lo largo de todo el relato. Sin estar yo muy puesta en este tema, reconozco que cuando aparece en un libro me siento muy atraída por él. Pienso que coñecer la mitología de un lugar nos ayuda a coñecer su idiosincrasia.

Por último me parece destacable un tema que, sin ser el principal, también sobrevuela toda la novela: la maternidad. Por un lado encontramos un personaje que dice que una mujer en edad de procrear que no tiene hijos está incompleta. Y por el otro está nuestra inspectora que no mitifica para nada la maternidad y muestra sus dudas y reticencias sobre esta cuestión, a pesar de la presión de su entorno. Evidentemente no coincido nada con la primera mujer (es más, pienso que no puede estar más errada) pero entiendo que es una intervención que la autora emplea para marcar bien las diferentes opiniones que podemos tener sobre un mismo tema.
Comentar  Me gusta         100



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro
Apreciaron esta crítica ()(10)ver más