InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de Beavazquez_


Beavazquez_
14 September 2023
[GAL] Mariana Enríquez levanta tantas pasións que debo recoñecer que me acheguei a este libro con algo de medo. A ver se ía ser eu a rara que non lle atopase o aquel á súa famosa literatura...

Los peligros de fumar en la cama é o seu primeiro libro de contos e componse de 12 relatos sen relación entre si, cun fío común ao que xa me vou afacendo cando leo autoras lationoamericanas: o terror do cotiá. Quizais ela inclúe algún elemento sobrenatural máis, pero ese fondo de terror nas cousas do día a día tróuxome á memoría a María Fernanda Ampuero e a Brenda Navarro.

Non podo escoller cal me fascinou máis, porque todos me deixaron coa boca aberta e, sobre todo, deixáronme coa ansia de seguir lendo a esta muller que escribe tan marabillosamente ben. Para min, a capacidade de atrapar tanto e crear esa atmosfera de opresión e angustia en tan poucas páxinas é un don reservado a unhas poucas persoas, e sen dúbida Enríquez é posuidora del.

[CAS] Mariana Enríquez levanta tantas pasiones que debo reconocer que me acerqué a este libro con algo de miedo. A ver si iba a ser yo la rara que no le encontrase el gusto a su famosa literatura...

Los peligros de fumar en la cama es su primer libro de cuentos y se compone de 12 relatos sin relación entre sí, con un hilo común al que ya me voy haciendo cuando leo autoras lationoamericanas: el terror de lo cotidiano. Quizás ella inclúe algún elemento sobrenatural más, pero ese fondo de terror en las cosas del día a día me trajo a la memoría a María Fernanda Ampuero y a Brenda Navarro.

No puedo escoger cuál me fascinó más, porque todos me dejaron con la boca abierta y, sobre todo, me dejaron con el ansia de seguir leyendo a esta mujer que escribe tan maravillosamente bien. Para mí, la capacidad de atrapar tanto y crear esa atmósfera de opresión y angustia en tan pocas páginas es un don reservado a unas poucas personas, y sin duda Enríquez es poseedora de él.
Comentar  Me gusta         00



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro