[GAL] O título xa nos proporciona un bo indicativo do que imos atopar: a desaparicón dunha rapaza, Eva. Ao longo destas páxinas poderemos ler o seu diario, ademais das novas que acompañan o suceso, así como o seguimento que fai do caso a periodista Antía Ubeira. É unha lectura áxil e entretida, que se le rapidamente, se ben na miña opinión un pouco predicible. O máis destacable é que trata temas moi interesantes: saúde mental, o sensacionalismo dos medios de comunicación, violencia de xénero, racismo... Aínda que como a novela é bastante curtiña (non chega ás 200 páxinas), pasa por todos eles un pouco de puntillas. A min deixoume con ganas de ver un pouco máis desenvolvidos certos aspectos, pero non podo negar que me gustou: duroume un par de días. [CAS] El título ya nos proporciona un buen indicativo de lo que vamos a encontrar: la desaparicón de una chica, Eva. A lo largo de estas páginas podremos leer su diario, además de las noticias que acompañan el suceso, así como el seguimiento que hace del caso la periodista Antía Ubeira. Es una lectura ágil y entretenida, que se lee rápidamente, si bien en mi opinión un poco predecible. Lo más destacable es que trata temas muy interesantes: salud mental, el sensacionalismo de los medios de comunicación, violencia de género, racismo... Aunque como la novela es bastante cortita (no llega a las 200 páginas), pasa por todos ellos un poco de puntillas. A mí me dejó con ganas de ver un poco más desarrollados ciertos aspectos, pero no puedo negar que me gustó: me duró un par de días. + Leer más |