InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de Iriagi


Iriagi
03 November 2021
Últimamente estou totalmente fóra da miña zona de confort. Eu que era de ensaio tras ensaio foi momento de dar chance ás novelas. Ademais tiña ganas de leer algo de literatura xuvenil, porque moitas veces me preguntades e a verdade que quedo en branco porque non teño nin idea!
Asique alá fun con Os corpos invisibles de Emma Pedreira, que ademais gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2019 con esta novela.
Encantada estou de tela leído, non sabedes con que ilusión rematei de leer a Emma, tanto que quedín con ganas de mais.
.
A historia basicamente se centra nas vidas entrelazadas de Loretta Count e Prometea Stoner, dúas mulleres da que sabemos que: unha delas ten 7 anos e traballa nunha fábrica téxtil para axudar á súa familia. A outra non se sabe moi ben que idade ten, as veces semella un rango, outras semella outro. O que sí se sabe é que pertence a clase burguesa, vai en cadeira de rodas e ten unha saúde endeble.
Tamén sabemos que a novela está ambientada na Inglaterra do século XX en plena Revolución Industrial.
.
As vidas de Loretta e Prometea crúzanse no momento en que Stoner perde unha carta dirixida a Mary Shelley.
Si, Mary Shelley. Emma Pedreira fai un atributo ás grandes escritoras invisibilizadas dunha maneira moi peculiar.
E mentras ía lendo Os corpos invisibles, foime inevitable non recordar La trenza de Laetitia Colombani e a verdade e que en esencia garda gran similitude. A vida de dúas mulleres que se cruzan, que aparentemente son diferentes, pero que ámbalas dúas procuran a súa liberación e o recoñecemento que socialmente se lles nega polo feito de ter nado mulleres.
.
Encantaríame contarvos mais, pero se continúo vou quitar todo o encanto desta increíble novela xuvenil, porque ademais de estar narrada de maneira fresca e divertida tamén ten moito de rocambolesca. Mis dieces para Emma.
.
"Entre nós, Mary, eu non quero ser investida cabaleira do reino por ter a parrocha de Jane Austen cosida ao meu corpo, senón por estar a construír sobre a miña propia anatomía o calco dunha moderna criatura de ficción literaria"
Comentar  Me gusta         00



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro