InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de Clarion


Clarion
14 May 2023
🤔 Seguramente moitas de nós nos sentimos bichos raros nalgún momento das nosas vidas. Por ter gustos diferentes aos dos demais, ou simplemente por non encaixar ao 100% nos roles que nos impón a sociedade.

📚 Neste libro, a protagonista Keiko Furukura, parece non encaixar con nada do establecido, ten 36 anos, segue solteira, nunca tivo parella nin desexo de tela, e segue a traballar por horas a tempo parcial nun “konbini” un supermercado 24h típico xaponés, no que soen traballar persoas mozas, estudantes etc por un tempo curto e limitado. Pero ela leva alí xa 18 anos, toda unha vida, e xa non sabe existir sen a tenda, o traballo é o seu refuxio, e o elemento que lle serve como manual de instrucións para vivir.

🔹 En ningún momento se fala de se a protagonista ten algún tipo de trastorno, pero pola información que se nos da todo parece apuntar a que si. Ten unha dificultade moi grande para relacionarse co seu entorno, carece totalmente de empatía , os comportamentos e emocións coas que se relaciona co resto de xente son por imitación, vai aprendendo que emocións debe representar en cada momento, e que tipo de comportamentos debe mostrar en cada situación para “parecer normal e encaixar”, como se fora unha obra de teatro.

🖊️A pesar do seu aspecto simple e sinxelo, esta curta novela, é unha crítica brutal a sociedade xaponesa, ao machismo, as imposicións sociais que afectan a homes e mulleres (sobre todo a estas últimas, como a maternidade, a vida en parella, prosperar nun traballo estable etc). A medida que avanza a historia vas observando como a sociedade inflúe gravemente nas decisión que Keiko vai tomando, decisións moi importantes que afectan totalmente a súa vida e ó seu futuro. Todo por verse sometida a continuos xuízos de moral e a que todo o seu entorno xulgue o seu xeito de vivir.

💜A medida que deixei repousar a novela, ségueme a facer reflexionar sobre a propia realidade, e como moitas veces nos vemos influenciados polo entorno e pola presión social. Polo que a pesares da aparente sinxeleza do libro e do relato (e sobre todo do bizarro que é nalgunhas cousas), é unha lectura que acaba deixándoche pouso.
Comentar  Me gusta         32



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro
Apreciaron esta crítica ()(3)ver más