InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de efimerabonhomia


efimerabonhomia
07 November 2021
Illa Decepción é outro monólogo de Berta Dávila parecido a Carrusel pero que se centra nos sentimentos que deixamos nos fogares, polas casas que pasamos e o que nos apega a elas. Neste libro ademais de sentir e repasar con ela todas esas vivendas que formaron parte da túa vida, tamén te penetrarás en que persoas te acompañaron nese camiño e o que significaron para ti.

Non podo deixar de estar marabillada por Berta Dávila, se en Carrusel conseguía que me sentise na súa pel, nas súas dúbidas constantes sobre o movemento da saúde mental. En Illa Decepción fíxome reformularme o que quedou de min en cada casa que vivín, ademais despois dunha pandemia que fixo do noso fogar un refuxio e que magnificou a vivenda ao noso único territorio.

Berta manifesta abertamente que desexa regresar á casa na que se criou, e busca coa súa irmá entrar naquel piso que significou unha boa parte da súa vida. Fíxome graza que o día despois de ler este libro, no que estou a escribir esta recensión, camiñando por un canellón coa miña avoa me fose contando que cada vez que se mudaba de casa quedaba embarazada. A miña tía naceu nun barrio alto da vila, o meu tío preto da praia e a miña nai na rúa principal. E cando por fin se mudaron ao edificio de agora tomou unha pastilla porque temía quedar embarazada. Nesa historia hai moito do que Berta relata no libro, ese apego, esas vivencias, esa vida entre as paredes.

Só me queda agradecerlle a Berta volver facer que as súas palabras me enchan dos meus propios recordos e que a súa narración non che conte a súa historia, senón que tamén consegue contar a túa propia historia e os sentimentos que gardas no teu interior. Do mesmo xeito que Carrusel, este libro, debería ser de obrigatoria lectura.
Enlace: https://www.instagram.com/p/..
Comentar  Me gusta         00



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro