InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
ISBN : 8491515593
Editorial: Galaxia Gutenberg (15/10/2020)

Calificación promedio : 4.25/5 (sobre 2 calificaciones)
Resumen:
PREMIO DE NARRATIVA BREVE REPSOL 2020 ¿Que queda de nós nas casas onde vivimos noutro tempo? Se algo permanece nelas, ¿pódese acceder a aqueles momentos, ás sensacións idas? A protagonista desta novela expándese en dúas direccións aparentemente opostas: a do vencello cotián co seu fillo durante o confinamento e a do resto daquela nena que aínda perdura na súa imaxinación. Así, movida por un soño, máis de vinte anos despois de abandonalo, decide presentarse no aparta... >Voir plus
Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Casa del libroAmazon ESAgapea
Críticas, Reseñas y Opiniones (2) Añadir una crítica
efimerabonhomia
 07 November 2021
Illa Decepción é outro monólogo de Berta Dávila parecido a Carrusel pero que se centra nos sentimentos que deixamos nos fogares, polas casas que pasamos e o que nos apega a elas. Neste libro ademais de sentir e repasar con ela todas esas vivendas que formaron parte da túa vida, tamén te penetrarás en que persoas te acompañaron nese camiño e o que significaron para ti.

Non podo deixar de estar marabillada por Berta Dávila, se en Carrusel conseguía que me sentise na súa pel, nas súas dúbidas constantes sobre o movemento da saúde mental. En Illa Decepción fíxome reformularme o que quedou de min en cada casa que vivín, ademais despois dunha pandemia que fixo do noso fogar un refuxio e que magnificou a vivenda ao noso único territorio.

Berta manifesta abertamente que desexa regresar á casa na que se criou, e busca coa súa irmá entrar naquel piso que significou unha boa parte da súa vida. Fíxome graza que o día despois de ler este libro, no que estou a escribir esta recensión, camiñando por un canellón coa miña avoa me fose contando que cada vez que se mudaba de casa quedaba embarazada. A miña tía naceu nun barrio alto da vila, o meu tío preto da praia e a miña nai na rúa principal. E cando por fin se mudaron ao edificio de agora tomou unha pastilla porque temía quedar embarazada. Nesa historia hai moito do que Berta relata no libro, ese apego, esas vivencias, esa vida entre as paredes.

Só me queda agradecerlle a Berta volver facer que as súas palabras me enchan dos meus propios recordos e que a súa narración non che conte a súa historia, senón que tamén consegue contar a túa propia historia e os sentimentos que gardas no teu interior. Do mesmo xeito que Carrusel, este libro, debería ser de obrigatoria lectura.
Enlace: https://www.instagram.com/p/..
+ Leer más
Comentar  Me gusta         00
albertemoman
 08 April 2021
Pasados os meses, en certa maneira con saudades daquela escrita doce e íntima, traballada de maneira obsesiva, fixen por achegarme a Illa decepción. Inicialmente, pensei que non sería quen de atraerme unha narrativa sobre os fogares xa que, no meu utilitarismo, non lle dou máis valor a unha casa do que é quen de ofrecer ou para o que foi construída. E, malia todo, recibín con gusto as relacións que se establecen na narración ao redor dos recordos, das vivencias, sensacións e estímulos xerados ao redor do fogar. Resaltar as cousas pequenas, os acontecementos que adoitan pasar desapercibidos ten o aquel de espertar a necesidade de revivir situacións do pasado. Hai máis Berta Dávila neste libro que fala e non fala de si mesma ou, directamente, que é unha forma de subxectivizar o suxeito, que reconstrúe constantemente a súa historia.

Enlace: https://sensilencios.blogspo..
Comentar  Me gusta         00
Citas y frases (1) Añadir cita
efimerabonhomiaefimerabonhomia07 November 2021
"A literatura é levantar unha illa desde a nada, erguer o relato do que nos pasa para situarnos dentro del. A literatura tamén é recolección."
Comentar  Me gusta         00
Libros más populares de la semana Ver más
Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Casa del libroAmazon ESAgapea





Test Ver más

Harry Potter. Del libro I al IV

¿Quién es el creador de la Piedra Filosofal?

Albus Dumbledore
Nicolas Flamel
La profesora McGonagall
Severus Snape

12 preguntas
13 lectores participarón
Crear un test sobre este libro