InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de Beavazquez_


Beavazquez_
17 March 2022
Ler a Avni Doshi resulta por momentos incómodo, frustrante, agobiante... Porque as relacións intrafamiliares non sempre son idílicas, como nos amosa habitualmente a ficción. E inmiscuirse nunha relación nai-filla tan tóxica como a de Tara e Antara non é precisamente agradable.

En “Azúcar quemado”, editado por @temasdehoy, achegámonos a historia de Antara, que debe facerse cargo da súa nai cando esta comeza a mostrar signos de demencia. Unha nai neglixente en moitos momentos da súa vida, ausente noutros; coa que nunca tivo unha relación de afecto e coidado ao uso, en resumo. E podemos ver como esta relación materno-filial inflúe nos outros aspectos da vida de Antara: no seu matrimonio, no embarazo e maternidade e na súa forma de relacionarse con outras persoas en xeral.

Para comprender a relación destas dúas mulleres, a narración vai indo do presente ao pasado constantemente. Non obstante resulta ben sinxelo seguir estes cambios debido a que se van marcando no propio texto.

A novela está ambientada na India e ao longo da mesma a autora vai introducindo elementos culturais propios dese entorno, o cal, na miña opinión, enriquece a lectura xa que che axuda a traslatarde a Pune, lugar onde se desenvolven maioritariamente os acontecementos.

É unha lectura totalmente recomendable, pero é desas que remove por dentro, polo que diría que quizais haxa que buscar o momento oportuno para lela. Creo que a pesar de que non escollín exactamente o momento (é un exemplar da biblioteca e tiven que agardar a que quedase libre), foi o libro idóneo para poñerlle fin a un verán no que, se ben non lin tanto coma outros anos, escollín unhas lecturas de 10.
Comentar  Me gusta         10



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro
Apreciaron esta crítica ()(1)ver más