InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de rominerva


rominerva
11 August 2023
A historia está contada dende o punto de vista de tres personaxes distintos:
- Sebas: un neno de 10 anos que ve a vida dende a inocencia propia da súa idade.
- Xulia: nai de Sebas que debe comezar de novo despois dun divorcio traumático e cunha ferida, aínda aberta do abandono do seu pai.
- Luz: a avoa que dende a súa lucida loucura amósanos a vida dunha muller da aldea próxima a cumprir oitenta anos.

Ledicia Costas neste libro trata temas moi diversos pero moi presentes na nosa actualidade: o bulling escolar, a situación dos pais divorciados, a obesidade infantil, os problemas de demencia. Quizás unha das cousas que menos me gustou ao principio foi que se volvese ao tópico de sempre Galicia-narcotráfico, mais si que me gustou como foi tratado o tema posto que se puxo o énfase nos movementos das nais que saían a calle ao ver que os seus fillos morrían vítimas das drogas. Que importante é o cambio de perspectiva, elas tamén eran vítimas colaterales do narcotrafico, e neste libro son elas as protagonistas.

Outro punto que me gustou moito é remarcar a importancia do reforzo positivo nas crianzas. Si a figura de autoridade lle di que é valente, que pode o rapaz vaise ver capaz de levalo a cabo. Así como romper con ese tópico que os nenos non choran. Así mesmo, tamén se denuncia o poder das palabras para servir de ferramenta para minusvalorar as mulleres. Xulia facía referencia ao feito da facilidade de chamar Puta a unha muller, pero si o pensamos, cantas palabras hai despectivas da muller: bruxo vs bruxa, zorro vs. zorra...

Esta foi unha lectura chea de pequenos detalles que fai que te manteñas expectante por como se vai desenrrolar a vida destes tres personaxes. Mirade a meticuloidade de Ledicia, que o libro comeza con Luz e termina con Sebas, quizás para cerrar o círculo e para evidenciar que a historia debe continuar pero xa coas novas xeracións.
Comentar  Me gusta         00



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro