InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de Iriagi


Iriagi
02 November 2021
No transcurso de dez meses tres ausencias se sucederon. Todavía me pregunto si teño algo roto, por reconstruír. 
Escribo mentras transito por cada emoción.
Á par procuro literatura sobre o duelo, necesito parar este desconsuelo con palabras para sanar.
.
En abril, Chimamanda publica este ensaio: "Sobre el duelo", unha crónica autobiográfica sobre a xestión da perda e as etapas polas que se sucede, asique non dudo en abrirlle espacio na miña biblioteca.
.
Chimamanda relátanos en primeira persoa a súa dor e a súa pena, despois da morte do seu pai en Nigeria a través desta pequena e condensada lectura.
Relata a súa experiencia, de como a necesidade dun adeus simbólico para dar tránsito a pérdida, se veu interrumpido e imposibilitado por unha crise pandémica mundial. Así a Ngozi Adichie impediuselle a súa saída de EEUU para reencontrarse coa súa familia en Nigeria natal.
.
 Ademais de relatar como se sinte e explicar cada etapa do seu proceso, tamén pon en cuestión as ceremonias de despedida (facendo un barrido breve sobre a dimensión sociocultural da pérdida en Nigeria) para o proceso de aceptación e da complexidade emocional e individual de cada duelo. Tamén  deixa moi clara cada unha das reaccións (tanto fisiolóxicas como emocionais) polas que transita: negación, ira, tristeza. Todo iso se transmite perfectamente a través da narración, como lectora percíbese e identifícase de maneira moi fácil. Xa sabedes, si coñecedes a escrita de Chimamanda ten unha narración moi sinxela e directa aínda que reflexiva.
"Aprendes lo poco amable que puede ser el duelo, lo lleno de rabia que puede estar. Aprendes lo insustancial que puede resultarte el pésame. Aprendes lo mucho que tiene que ver la pena con el lenguaje, con la incapacidad del lenguaje y con la necesidad del lenguaje"
.
Pouco mais podo dicir deste ensaio de relato universal e atemporal, do que a decir verdade esperaba contido algo mais académico pola traxectoria narrativa da autora. 
 Ngozi Adichie  amósase vulnerable e comparte con quen a lee, a súa vivencia ante a perda do seu ser mais querido. Polo tanto, non é un libro de axuda si é o que necesitades, porque aquí Chimamanda é unha voz amiga, honesta e sensible.
Comentar  Me gusta         00



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro