InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
ISBN : 8411104974
296 páginas
Editorial: Edicións Xerais (07/03/2024)

Calificación promedio : 4/5 (sobre 1 calificaciones)
Resumen:
Celia, unha nena que vive no orfanato Hijas de la Caridad, desaparece sen deixar pegada. Emilia, a súa mellor amiga, tentará suplir o oco que deixa uníndose irremediablemente á súa irmá xemelga, MX, quen fuxirá da pantasma da desaparecida nunha carreira cara adiante. Esa unión medrará con elas nunha relación amorosa de cimentos fráxiles, pero a incógnita da desaparición atormenta a Emilia, que teima en retornar ao pasado para descubrir o que sucedeu. A través dunha ... >Voir plus
Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro
Críticas, Reseñas y Opiniones (1) Añadir una crítica
Ruth_Oliveira
 06 April 2024
Achegueime a esta novela atraída pola súa sinopse, pola beleza da portada, pois é inevitable que sexa un potente reclamo, do título: sostén tanta beleza e amargor. Descubrín unha voz sedutora, unha escrita espléndida.

Celia e MX son dúas irmás xemelgas que viven nun orfanato. Ambas fan amizade con Emilia e establécese entre as tres unha relación escarpada e complexa, alimentada pola intermitencia entre a atracción e o rexeitamento. Ata que Celia desaparece. MX e Emilia comezarán unha relación na que procurarán amor e consolo, mais o pasado é un peso ás veces insostible.

Esta novela fala de moitos temas fundamentais: o espertar sexual, o acoso, a perda, a violencia de xénero. Pero tamén da procura da esperanza, de recuperar a confianza nunha mesma, amarse para poder amar ás demáis. A autora amósanos un universo terrible tinguido cunha narrativa fermosa, moi poética, nese xeito no que tapamos os ollos ante o horror pero, sen poder evitalo, os abrimos un anaco, e quedamos prendidas.

Miriam Beizana Vigo constrúe unha historia que funciona coma un crebacabezas. Imos atopando as pezas precisas para coñecer a MX, a Emilia, comprendelas a través da memoria, das súas cicatrices. Todo vai encaixando ao tempo que os segredos coánse polas fisuras.

As feridas agroman nunha escrita na que pasado e presente flutúan de xeito constante. Os cambios abruptos entre o momento actual e o que as protagonistas falan a través do recordo son frecuentes. Podería semellar que isto dificulta a lectura, máis todo o contrario. Dunha parte, outorga unha certa intriga e dinamismo. Doutra, non se pode reflectir unha historia coma esta dun xeito mellor. Somos pasado e a nosa mente non para de lembrar: dende o máis nimio ata a maior obsesión.

En canto á linguaxe é salientable o uso do feminino como xenérico. Tendo en conta que son mulleres a case totalidade de personaxes, o contrario sería un tanto ilóxico, polo que paréceme unha decisión acertadísima.

Recoméndovos moitísimo esta novela. É toda unha alfaia.
Enlace: https://www.instagram.com/p/..
+ Leer más
Comentar  Me gusta         00
Libros más populares de la semana Ver más
Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro

Otros libros de Miriam Beizana Vigo (1)Ver más




Test Ver más

¿Has leído El Principito?

¿Cuál es la profesión del narrador que encuentra el Principito en el desierto?

Periodista
Aviador
Pastor
Taxidermista

7 preguntas
467 lectores participarón
Thème : El principito de Antoine de Saint-ExupéryCrear un test sobre este libro