InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de Iriagi


Iriagi
02 November 2021
"Júpiter convirtió en vaca a la pobre Ío, para que tan solo pudiera mugir, no hablar; mientras que la parlanchina Eco es castigada a que su voz no sea nunca la suya, a ser un simple instrumento que repita las palabras de los demás".
.
E así, dende a Grecia Antiga, foi como as mulleres fomos silenciadas nos discursos públicos e nas esferas sociais de poder.
Ademais de empregar linguaxe especista, -que claramente indica menosprezo- tamén se rebaixa a condición de muller a obxecto, neste caso algo inmaterial (o rebote da propia voz). Así é como se veu considerando a intervención das mulleres en temáticas á marxe de fogar e os coidados; molestas, absurdas e impropias.
.
Mary Beard fai unha analoxía e percorrido dende a Grecia clásica ate o Occidente actual a través da sátira, afondando e fundamentándose nunha cultura misóxina e machista. Tal é así, que as mulleres, aínda exercendo posicións de liderazgo -inevitablemente- empregamos roles atribuídos a esa masculinidade hexemónica tradicional, pese a resistirnos. Véxanse exemplos coma o de Hillary Clinton ou Theresa May (sen entrar en posicionamentos e exercicio político).
.
Mujeres y poder de (@editorialcritica) invita a reflexionar de que maneira a través da historia nos cargaron con unha mochila, que non escollemos levar. E que si as mulleres non estamos contempladas nas estruturas e sistemas de poder, entón o que hai que redefinir é o poder mismo.
.
As fundamentacións que mais me gustaron foron as mitolóxicas, porque as descoñecía. Son curiosas e dan sentido a posicionamentos actuais.
A verdade que, Mujeres y poder nunha tarde, está mais que leído.
Comentar  Me gusta         10



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro
Apreciaron esta crítica ()(1)ver más