O libro e o tapiz de Xabier Paz
Mandoume chamar o pai. Vexo o rei flanqueado polas tías Urraca e Elvira que sorrín inda que non tanto coma a nai Constanza. Eu, cativa impúbere, contemplo a súa figura impoñente coma sempre e, tal vez, máis alegre. -Urraca, decidimos que casarás con Raimundo de Borgoña, un gran cabaleiro. Cando chegue o momento celebraremos a voda. Eu non sei que dicir, o cariño e o temor lévanme a agradalo e obedecelo sempre e remato por dicir o que adoito dicir. - Si,pai. |