Safia El Aaddam, coñecida polas súas campañas antirracistas, "te cedo una cita", "te cedo un voto" e agora a reciente iniciativa sobre material escolar, escribe Hija de inmigrantes. Nesta novela en primeira persoa a protagonista é Lunja, unha nena de orixe amazighn , filla de migrantes, quen se ve na obriga de mudar o seu nome por Luna dende os primeiros días na escola. Pode decirse que aquí comeza a ferida de rexeitamento cara a súa propia identidade, polas burlas constantes cara a tonalidade da súa pel, o volume do seu pelo rizado, as súas costumes e a súa cultura. Este é o inicio das numerosas inxusticias as que se enfrenta Safia Lunja, donde coa súa fortaleza, valentía e coraxe fai eco dunha denuncia social. Ao longo da novela altérnanse momentos da súa infancia coa súa adultez, a través do acompañamento psicolóxico con Celeste cara unha viaxe introspectiva do seu ser, para aprender a reconciliarse e perdonar a esa nena ferida. A historia de Lunja é a de moitas nenas e nenos migrantes afincados nun país que presume de ser acolledor, "inclusivo" e democrático. Safia o escribe cunha voz mega potente, dura, intrépida, directa, feminista, antirracista incapaz de permanecer en silencio, porque ela naceu para ser unha Tairat. + Leer más |