InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de Iriagi


Iriagi
01 January 2023
Safia El Aaddam, coñecida polas súas campañas antirracistas, "te cedo una cita", "te cedo un voto" e agora a reciente iniciativa sobre material escolar, escribe Hija de inmigrantes.

Nesta novela en primeira persoa a protagonista é Lunja, unha nena de orixe amazighn , filla de migrantes, quen se ve na obriga de mudar o seu nome por Luna dende os primeiros días na escola. Pode decirse que aquí comeza a ferida de rexeitamento cara a súa propia identidade, polas burlas constantes cara a tonalidade da súa pel, o volume do seu pelo rizado, as súas costumes e a súa cultura. Este é o inicio das numerosas inxusticias as que se enfrenta Safia Lunja, donde coa súa fortaleza, valentía e coraxe fai eco dunha denuncia social.

Ao longo da novela altérnanse momentos da súa infancia coa súa adultez, a través do acompañamento psicolóxico con Celeste cara unha viaxe introspectiva do seu ser, para aprender a reconciliarse e perdonar a esa nena ferida. A historia de Lunja é a de moitas nenas e nenos migrantes afincados nun país que presume de ser acolledor, "inclusivo" e democrático. Safia o escribe cunha voz mega potente, dura, intrépida, directa, feminista, antirracista incapaz de permanecer en silencio, porque ela naceu para ser unha Tairat.
Comentar  Me gusta         20



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro
Apreciaron esta crítica ()(2)ver más