InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de Iriagi


Iriagi
02 November 2021
A protagonista desta historia garda no seu interior a dor do seu pobo. Uns seres que viven nas profundidades do océano, descendentes de mulleres xestantes  ás que tiraron pola borda mentres cruzaban o océano en embarcacións esclavistas.
.
Yetu carga con esta historia mentres que a súa comunidade vive allea ao seu traumático orixe, xa que non teñen memoria a longo prazo. Carecen pois de identidade e de historia colectiva. E ainda que esta ignorancia pode ser un alivio para a mente, non saber de donde se procede creo que fai de ti un ser incompleto. 

Para sufragar isto, unha vez ao ano realizan a Remembranza, unha ceremonia para lembrar: " Descendemos de esta gente, no de quienes están en la parte de arriba, sino en la parte de abajo, a quienes tiraron por la borda por considerar que consumían demasiados recursos en el trayecto hacia su destino".

Rivers Solomon, a autora desta obra de ficción basada en feitos reais, toma como referencia a canción "The deep" do grupo Clipping, cuxo pretexto foi tomar a historia da escravitude trasatlántica e reformulala. Desta maneira, Solomon consigue resituar a dor física e emocional á hora de transmitir un trauma que aínda pertencendo ao pasado, é unha ferida aberta e sangrante para as comunidades implicadas.
.
A columna vertebral deste relato colectivo é increiblemente visceral; tomar como parte a historia dos efectos da colonización e os horrores acometidos, a través de seres fantásticos que viven nas profundidades, logra convírtese nunha viaxe onírica e harmoniosa.
.
Destacar o tratamento do xénero, pois tamén cobra relevancia a través da libre elección das persoaxes, e do emprego dunha linguaxe neutra na súa escrita. Aspecto moi diferenciador na narrativa da autora.
.
Son honesta, deille moitas voltas despois de rematar este libro.
A primeira impresión foi disonante á que ahora teño (despois de reflexionar sobre él), pois fíxoseme pesado avanzar nalgúns puntos, a forma de narrar da autora é pausada rondando nunha mesma idea de continuo. Percibía unha trama estancada, anclada quizais nese pasado traumático.
Comentar  Me gusta         00



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro