InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de Beavazquez_


Beavazquez_
20 November 2023
[GAL] Pouco lin da obra de Jordi Sierra I Fabra, tendo en conta o prolífico que é. Pero o pouco que pasou polas miñas mans faime sentir unha gran admiración por este escritor.

Hai uns anos, escollendo os agasallos de Nadal, este libro chamoume a atención, porque o meu coñecemento do autor limitábase á súa LIX, e tiña curiosidade por ler unha obra súa para público adulto. Agora podo dicir que é igual de bo escriba o que escriba.

El beso azul é unha historia como moitas foron ou puideron ser nese momento en que se vislumbraba esperanza despois da morte de Franco. Rogelio, a quen todo o mundo leva dando por morto máis de 40 anos, volve á súa vila a intentar poñer en orde as súas pantasmas e reconciliarse con aquel pobo que o traicionou. A veciñanza non dá crédito, e moitas das persoas que o coñeceron na súa xuventude viven con temor este regreso, xa que pensan que Rogelio vén remover as augas agora que, por fin, están tranquilas.

Atopámonos ao longo destas páxinas cunha historia sobre memoria histórica, con drama, con medos, coa ansia por recuperar o tempo perdido e, sobre todo, con esperanza. Porque incluso quen saiu peor parado deste momento histórico está disposto a seguir adiante e non deixarse encasillar polo que lle pasou cando apenas contaba con 20 anos.

Sierra i Fabra é un autor que nas súas obras trata con moita delicadeza temas que, na miña opinión son moi importantes. E esta novela non é unha excepción. Lectura moi recomendada para achegarnos ao que debeu ser a sociedade neses primeiros anos da volta á democracia en moitos lugares do estado español.

[CAS] Poco leí de la obra de Jordi Sierra I Fabra, teniendo en cuenta lo prolífico que es. Pero lo poco que pasó por mis manos me hace sentir una gran admiración por este escritor.

Hace unos años, escogiendo los regalos de Navidad, este libro me llamó la atención, porque mi conocimiento del autor se limitaba a su LIJ, y tenía curiosidad por leer una obra suya para público adulto. Ahora puedo decir que es igual de bueno escriba lo que escriba.

El beso azul es una historia como muchas fueron o pudieron ser en ese momento en que se vislumbraba esperanza después de la muerte de Franco. Rogelio, a quien todo el mundo lleva dando por muerto más de 40 años, vuelve a su pueblo a intentar poner en orden sus fantasmas y reconciliarse con aquel pueblo que lo traicionó. La vecindad no da crédito, y muchas de las personas que lo conocieron en su juventud viven con temor este regreso, ya que piensan que Rogelio viene a remover las aguas ahora que, por fin, están tranquilas.

Nos encontramos a lo largo de estas páginas con una historia sobre memoria histórica, con drama, con miedos, con ansia por recuperar el tiempo perdido y, sobre todo, con esperanza. Porque incluso quien salió peor parado de este momento histórico está dispuesto a seguir adelante y no dejarse encasillar por lo que le pasó cuando apenas contaba con 20 años.

Sierra i Fabra es un autor que en sus obras trata con mucha delicadeza temas que, en mi opinión son muy importantes. Y esta novela no es una excepción. Lectura muy recomendada para acercanos a lo que debió ser la sociedad en esos primeros años de la vuelta a la democracia en muchos lugares del estado español.

Comentar  Me gusta         00



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro