![]() |
Solo he leído O porco de pé y fue, cómo no, una lectura obligatoria para la asignatura de gallego. Sin lugar a dudas será el libro que menos me guste de todo el año y, probablemente, de toda mi vida. Esto se debe no solo al argumento, sino también a la forma en la que esta escrito: es muy difícil de leer debido a las largas enumeraciones, episodios extraños y confusos, no hay división en capítulos por lo que se hace muy pesado... Además, el argumento tampoco ha sido mucho mejor: no empaticé con ningún personaje, la mayoría de la trama trata sobre política, etc. En definitiva, no es una lectura ligera a pesar de su corta extensión y no la recomiendo. |
A finais de 1926, a alemá Margot Sponer chega a Galiza e percorre a cabalo as vilas e aldeas do país para completar as súas investigacións sobre a lingua galega. O paso da lingüista polo noso país deixa multitudes de anécdotas e de relacións afectivas que continuarán ao longo do tempo. O mesmo Vicente Risco volverá ver a Sponer na súa viaxe a Berlín en 1930 e alí poderá ver en primeira persoa como Margot prepara a súa tese sobre o galego antigo.
A intrépida vida da alemá completa este capítulo de Nosoutras. Margot Sponer falecerá ao pouco do remate da II Guerra Mundial no que, todo apunto, foi un asasinato cometido polas SS.
Margot Sponer na revista Nós
No número do 15 de xaneiro de 1927, Margot Sponer publica alentada por Vicente Risco o texto 'Algunhas notas dos meus estudos sobre filoloxía galega'. Aínda que ela traballa con documentos medievais, no texto céntrase na situación do galego do momento e do que ela, na súa viaxe, investigara. Os seus apuntamentos céntranse no que considera unha contaminación do castelán sobre o galego ao tempo que razona este acontecemento.
O 20 de xuño de 1930, Sponer presenta a súa tese de doutoramento titulada 'Altgalizische Urkunden' (Documentos antigos de Galicia), dirixida polo profesor Ernst Gamillscheg. Nela transcribe e anota unha cantidade importante de documentos medievais datados entre os anos 938 e 1494.
A vida non foi amable coa filóloga alemá que, tras o ascenso do nazismo, é expulsada da universidade en 1942 e detida en febreiro de 1945, pola súa cooperación coa resistencia clandestina antinazi. Detéñena na súa casa o 27 de abril de 1945 por uns uniformados da SS e, pola información que se manexa, é asasinada ese mesmo día.
#Nosoutras
#revistaNós
#MargotSponer
#Filoloxía
#Galego
#séculoXX