InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de LeyendoBajoElArcoiris


LeyendoBajoElArcoiris
11 September 2023
abía xa bastante tempo que debía esta publicación, tendo en conta que o libro leva lido dende o mes de abril! Máis vale tarde que nunca!

Hoxe veño a falarvos da terceira entrega de Abad e Barroso: "O home que matou a Antía Morgade". Un novo caso para os nosos polis galegos favoritos (con permiso do gran Leo Caldas), no que un grupo de antigos compañeiros atópase moitos anos despois, feito que desencadea unha serie de asasinatos o máis puro estilo Agatha Christie en "Dez negritos". Quen está detrás destas mortes?

Todo apunta a que o pasado en común dos nosos protagonistas ten moito que ver. Compartiran un piso tutelado en Santiago de Compostela cando eran mozos, e desgraciadamente a morte dunha das rapazas, Antía Morgade, marcou un futuro cheo de segredos, culpabilidade e vinganza.

Os capítulos son curtos e fan a lectura moi áxil, engánchaste e xa non es quen de parar de ler ata rematar. Iso sí, recomendo ler antes as dúas entregas anteriores, malia que o caso de Antía é independente, a trama entre Abad e Barroso ten "chicha", así que non vos perdades "Beleza vermella" e "A vida segreda de Úrsula Bas" se non queredes andar perdidos.

Gustoume moitísimo, e como non, estou desexando coñecer qué lles deparará a estes dous nunha próxima novela.

Graciñas a Galaxia polo envío do exemplar.

A miña puntuación: 5/5🌈
Enlace: https://www.instagram.com/p/..
Comentar  Me gusta         20



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro
Apreciaron esta crítica ()(2)ver más