InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de Iriagi


Iriagi
02 November 2021
"Por eso, ingenuas, hablan  de vueltas que en realidad son idas, y devienen en los puentes volados que deberían atravesar el estrecho de Gibraltar. Pero también se convierten en el agua que separa a los dos continentes y, como tal, tratan de encajar entre dos orillas cercanas que distan una eternidad"
.
Mbomío narra a historia de Sandra Nnom, filla de nai española (branca) e pai guineoecuatoriano (negro). 
Nnom vive entre Móstoles e Londres  procurando incansable a súa identidade;  en Madrid non a deixan sentirse Española aínda pertencendo a unha dualidade cultural, en España atópase relegada sempre as marxes.  
Para atopar respostas, Sandra decide emprender unha viaxe a Guinea ecuatorial, país que nunca visitou pero do cal se atopa preto polas historias que contaba seu pai Antonio.
.
Sandra recórdame nalgúns momentos a  Ifemelu en Americanah de Chimamanda Ngozi Adochie,  quenes a través de flashbacks narran como se enfrontan ao racismo dende a infancia, pasando pola adolescencia e a  adultez. Vidas marcadas pola procura da propia identidade, a discriminación racial, as relacións afectivas, a migración e o que supón ser muller negra España (nesta historia) en definitiva.
Por outra parte, hai uns días comentaba sobre a  calidade narrativa de Hija del camino; moi sencilla e un pouco pobre as veces, incluso a aparición de termos explicados un pouco a calzador. A protagonista na súa procura fala de conceptos que dudo unha adolescente os teña tan claros, precisamente porque se atopa nunha búsqueda na que se precisan respostas a interrogantes. 
.
Pero tamén me sorprendeu moito a forza que cobra en certas páxinas, mesturando unha análise documentada e periodística (moi reflexiva) sociocultural dunha Guinea descoñecida ao fin e ao cabo.
Como é posible que en España Sandra sexa muller negra vítima do racismo e á súa vez o suficientemente branca e con certos privilexios en Guinea Ecuatorial?
.
E remato Hija del camino cun sorriso porque polo de ahora Mbomío foi a única capaz de abofetearme na cara, de facerme cuestionar conscientemente, de repensarme, de desoccidentalizarme e de conseguir que garde este libro para Sofía, Hija del camino.
Comentar  Me gusta         00



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro