InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de Iriagi


Iriagi
12 September 2023
Dor menstrual é o diario persoal de Masechaba, unha muller cis da Sudáfrica post apartheid. Lugar que sigue sufrindo os residuos da segregación racial.
O libro divídese en catro partes bastante diferenciadas cuxo fío condutor é a dor menstrual de Masechaba. Unha dor  incapacitante, moi brutal. 
De maneira abrupta e galopante, Masechaba conta a súa experiencia interseccionada pola raza, o xénero e a clase social, dunha sudafrica marcada pola xenofobia, o racismo e a relixión.
Dor menstrual tamén é o relato das consecuencias do patriarcado no marco dun contexto, no que se emprega o corpo das mulleres como arma de guerra.

Se lestedes El color púrpura, atoparedes similitudes entre as protagonistas, donde ambas se dirixen a Deus a través dos seus pensamentos, interconectadas por pasaxes bíblicos.
.
Suponse que con esta lectura debía sentir as palabras como dagas pola dureza dos temas que trata Matlwa, pero non foi así. Teño dudas sobre o que me pasou con esta lectura. Puideron ser as expectativas (suelen xogar malas pasadas), ou quizás a maneira de narrar os feitos, pois creo que me faltou desarrollo ante unha persoaxe bastante plana.
Comentar  Me gusta         10



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro
Apreciaron esta crítica ()(1)ver más