InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de Beavazquez_


Beavazquez_
09 April 2024
[GAL] Como te sentirías se, en función da túa popularidade, se che asignase un nivel que determinase o teu estatus social? Se existise unha gran cadea que che enviase, en calquera momento, aquilo que desexas (consciente ou inconscientemente)? Se os algoritmos determinasen cales son os teus intereses e non pueideses facer nada por modificar o teu perfil? Se fose unha aplicación a que determinase cal é a túa parella idea? Se non puideses tomar ningunha decisión porque, nun mundo totalmente dixitalizado, só podes pulsar o "OK"?

Pois isto é basicamente o que ocorre en QualityLand. Aparentemente todo funciona de marabilla neste país completamente dixitalizado. Todas as persoas están contentas porque os aparellos electrónicos facilítanlle a vida de tal maneira que non deben tomar nin unha soa decisión por si mesmas. Bueno, todas non. Peter Sinempleo sinte que algo funciona mal, a el non lle acaba de convencer este estilo de vida.

Marc-Uwe Kling escribiu unha distopía, aínda que a min houbo moitos momentos en que me asustou o moitísimo que nos estamos achegando ao que el describe de maneira tan satírica. Entre outras cousas, o autor é cómico, e penso que a narración nútrese moito desta faceta súa.

Mesturando a trama de Peter, novas publicadas nun xornal dixital e panfletos publicitarios turísticos, iremos adentrándonos nas vantaxes e desvantaxes que supón este sistema.

Se sodes fans de Black Mirror seguramente gozaredes moito con esta historia. A min persoalmente fíxome pasar moi bos momentos, aínda que, como dicía antes, ás veces asustábame porque víao máis como o futuro cara o que nos encamiñamos que como unha simple distopía. Ademais tamén me serviu para achegarme a algunhas anécdotas sobre o mundo dixital que descoñecía, como a do Chatbot Tay, a IA de Microsoft que tiveron que retirar da rede porque en cuestión de horas volveuse racista e xenófoba.

O que menos me gustou, por non variar, é que hai varias personaxes femininas que me parece que están moi estereotipadas, aínda que no seu favor direi que tamén pon a señoros facendo papel de señoros a modo de crítica. Ademais, parece que o autor ten unha fixación cara Jennifer Aniston que non comprendo. O que podería quedar en algo anecdótico chega a aburrir do repetitivas que se fan as críticas cara esta persoa e realmente non achegan nada á historia. Podería contar o mesmo sen poñer nomes, ou citando a diferentes persoas; pero non, a crítica a Aniston do reiterada que é faise pesada.

[CAS] ¿Cómo te sentiría si, en función de tu popularidad, se te asignase un nivel que determinase tu estatus social? ¿Si existiese una gran cadena que te enviase, en cualquier momento, aquello que deseas (consciente o inconscientemente)? ¿Si los algoritmos determinasen cuáes son tus intereses y no pudieses hacer nada por modificar tu perfil? ¿Si fuese una aplicación la que determinase cuál es tu pareja idea? ¿Si no pudieses tomar ninguna decisión porque, en un mundo totalmente digitalizado, solo puedes pulsar el "OK"?

Pues esto es básicamente lo que ocurre en QualityLand. Aparentemente todo funciona de maravilla en este país completamente digitalizado. Todas las personas están contentas porque los aparatos electrónicos les facilitan la vida de tal manera que no deben tomar ni una sola decisión por sí mismas. Bueno, todas no. Peter Sinempleo siente que algo funciona mal, a él no le acaba de convencer este estilo de vida.

Marc-Uwe Kling escribió una distopía, aunque a mí hubo muchos momentos en que me asustó lo muchísimo que nos estamos acercando a lo que él describe de manera tan satírica. Entre otras cosas, el autor es cómico, y pienso que la narración se nutre mucho de esta faceta suya.

Mezclando la trama de Peter, noticias publicadas en un periódico digital y panfletos publicitarios turísticos, iremos adentrándonos en las ventajas y desventajas que supone este sistema.

Si sois fans de Black Mirror seguramente disfrutaréis mucho con esta historia. A mí persoalmente me hizo pasar muy buenos momentos, aunque, como decía antes, a veces me asustaba porque lo veía más como el futuro hacia el que nos encaminamos que como una simple distopía. Además también me sirvió para acercarme a algunas anécdotas sobre el mundo digital que desconocía, como la del Chatbot Tay, la IA de Microsoft que tuvieron que retirar de la red porque en cuestión de horas se volvió racista y xenófoba.

Lo que menos me gustó, por no variar, es que hay varios personajes femeninos que me parece que están muy estereotipados, aunque en su favor diré que también pone a señoros haciendo papel de señoros a modo de crítica. Además, parece que el autor tiene una fijación hacia Jennifer Aniston que no comprendo. Lo que podría quedar en algo anecdótico llega a aburrir de lo repetitivas que se hacen las críticas hacia esta persona y realmente no aportan nada a la historia. Podría contar lo mismo sin poner nombres, o citando a diferentes personas; pero no, la crítica a Aniston de lo reiterada que es se hace pesada.

Comentar  Me gusta         10



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro
Apreciaron esta crítica ()(1)ver más