InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de Chuspaixonporler


Chuspaixonporler
11 March 2023
Ésta é a historia de cómo a amizade inquebrantable entre Amir e Hassan no Kabul de 1975, chega a súa fin cando Amir, buscando a admiración do seu pai, propónse gañar a competición anual de cometas. Hassan é o seu amigo dende a máis tierna infancia, pero tamén é o seu sirvinte por ser dunha clase inferior, hazara, e non dudará en sacrificar esa amizade se iso supón gañar.

Os remorxos que lle provoca fan xurdir o Amir máis cruel e iso vaille pasar factura o resto da súa vida.

Cando xa de adulto e coa súa vida establecida nos EEUU, o pasado de Amir faille retornar a unha Afganistán destrozada e tomada polos talibanes. Vai ser a súa oportunidade de reencontrarse co seu pasado, descubrir terribles segredos e intentar enmendar o seu gran erro que tanta dor causou.

Cunha riqueza narrativa abraiante, adentrámonos nunha fermosa e o mesmo tempo dura historia, que a hai que situar nunha Afganistán respetousa das súas tradicións ancestrais aunque as veces sexa un pouco difícil. Pero aínda así non pude deixar de disfrutar dunha fermosa historia, derramando algunha que outra lágrima, pero que sei que vai a perdurar na miña memoria por moito tempo
Enlace: https://www.instagram.com/p/..
Comentar  Me gusta         10



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro
Apreciaron esta crítica ()(1)ver más