InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de Beavazquez_


Beavazquez_
17 March 2022
Con "Cartas a un amor sin memoria" teño sentimentos encontrados, a verdade. Cando lin a sinopse pareceume unha proposta bastante entretida, pero cando comecei a ler o libro parecía que a historia que contaba non tiña nada que ver co que se anticipaba dela. Ademais, o autor describe con moito detalle algunhas cuestións que, para min, fan pesada a narración nalgúns puntos. Por momentos dábame a impresión de que estas descricións de comidas, libros ou obras musicais non aportaban nada á historia en si, simplemente frases e parágrafos para alongar a novela. Obviamente isto é unha opinión personal, pero a min é a sensación que me deu.É xa a partir da metade cando comezan a xurdir eses temas que me levaron a querer ler este libro, e a partir de aí podo dicir que si que me gustou o que atopei. Unha vez comezas a ler esas cartas, ti tamén queres saber máis da historia familiar de Silvia e acompañala nese camiño de coñecemento das súas raíces. Co paso das páxinas intuía cal sería o final, pero non por iso este me gustou menos.
Comentar  Me gusta         10



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro
Apreciaron esta crítica ()(1)ver más