InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de LeyendoBajoElArcoiris


LeyendoBajoElArcoiris
18 February 2024
Hoxe veño a falarvos da reedición deste libro de relatos xa publicado en 2015. Seguramente moitos de vós asociedes a Ledicia coa lectura infantil e xuvenil na nosa lingua galega, pero tamén podedes achegarvos a súa obra máis adulta con este título, ou tamén con "Infamia" ou "Golpes de luz".

Nestes relatos de ficción ambientados na Segunda Guerra Mundial, atoparedes reflexado o máis escuro e truculento da raza humana. A autora logra introducirnos de cheo naquela época, mediante seis historias ficticeas baseadas en testemuños, declaracións, , informes xudiciais, etc.

A dor traspasa as sús páxinas dun xeito indescriptible, podes cheirar o fedor da maldade, da morte, da inxustiza... Hai moito escrito sobre esta realidade non tan lonxana no tempo, pero Ledicia consegue sorprender coa súa incríble ambientación.

Prepárate emocionalmente antes de collelo nas túas mans, ten por seguro que non te vai deixar indiferente.

A miña puntuación: 4/5🌈
Enlace: https://www.instagram.com/p/..
Comentar  Me gusta         30



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro
Apreciaron esta crítica ()(3)ver más