InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de Clarion


Clarion
14 May 2023
📚Este libro remexiume por dentro dende a primeira páxina. Unha lectura durísima que a priori parece falarnos simplemente dunha depresión post-parto, pero que en realidade trata moitísimas temáticas coma a violencia machista, as imposicións sociais que afectan as mulleres, a importancia da amizade e da sororidade…

Trátase dunha lectura extremadamente cruda a par que realista, que mostra ambas caras da moeda en canto a maternidade, os soños e metas non alcanzados, a realidade de algún matrimonios e da vida en parexa, a facilidade para xulgar a saúde mental das mulleres…

O libro atrápate e zarandéate en cada capítulo, narrado dun xeito un tanto caótico, consegues empatizar aínda máis co ruido mental e o caos que existe na cabeza da protagonista.

❤️‍🩹Unha historia que convida a reflexión, e que nunhas poucas páxinas consegue tratar temas de extrema importancia e sensibilidade.
Comentar  Me gusta         10



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro
Apreciaron esta crítica ()(1)ver más