Xente normal de Sally Rooney
todo o mundo falaba do boa persoa que era Rob, cheo de vida, fillo devoto, etcétera. Pero tamén fora unha persoa moi insegura, obsesionada coa popularidade, e a súa desesperación volvérao cruel. Non por primeira vez, Marianne pensa que a crueldade non lle fai dano só á vítima, senón tamén a quen a perpetra, e quizais dun modo máis profundo e permanente. Ninguén aprende nada especialmente profundo polo simple feito de sufrir bullying; pero cando llo inflixes a outra persoa, aprendes algo sobre ti que non esquecerás xamais.
|