Esta novela gráfica baséase na obra homónima de Berta Dávila, quen cecáis sexa a autora galega que máis me chama no panorama actual. Como inda non tiña lido ningunha obra súa quería adentrarme neste universo adaptado. Comezeino pensando que estaba ante unha obra que lembraba a unha nobel un tanto esquecida (é tanto, todo é ficción), pero gañoume esa idea co xiro inicial. A cuestión é que nos leva ó pasado e presente dunha pequena vila de EEUU e tamen da protagonista da historia. Unha consagrada escritora, que vai pasar alí os seus úlitmos días. Os recordos de xuventude mezclanse co momento actual, delgadas liñas que se entrecuzan. Unha maravilla. |