Un conto infantil sobre a acollida e adopción familiar, explicada dunha maneira clara as mais peques da casa. Dende a perspectiva adulta, considero que se trata dunha visión moi edulcorada e hiperdulcificada dos procesos de adopción e a tutela de menores. Recomendado a partir dos sete anos en diante. En canto ás ilustracións, conta cunha paleta de colores cálida e monocromática entre vermellos e laranxas, procurando cercanía e calidez coas lectoras. |