Participan deste programa conducido polo documentalista Xan Leira, o licenciado en Xeografía e Historia Amancio Liñares Giraut, profesor, editor e autor de numerosos títulos de investigación histórica e colaborador de diversas publicacións. Seguidamente, conversaremos con Valentín García Gómez, Secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, licenciado en Filoloxía Galega-portuguesa, autor e colaborador en diferentes medios escritos. O programa de hoxe remata coa emisión do documental de Xan Leira Lembranzas e reflexións de Avelino Pousa Antelo, da miña autoría, do que participan persoas moi próximas á súa traxectoria: Lois Tobío, David Otero, Xela e Nora Pousa Díaz, Xaime Isla Couto, Francisco Fernández del Riego, Valentín Arias López e o propio Amancio Liñares Giraut.
Gregorio Samsa es un ...