InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de TamaraUp


TamaraUp
18 February 2024
A protagonista unha rapaza xove, influencer e a cal comeza a investigar un suceso que lle resulta desconcertante. A súa vez, outra historia paralela nun salto temporal, a de Alana.
A priori, dirías que nada teñen en común e, sen embargo, úneas unha historia que comeza a ser contada con máis forza e onde aos silencios se lles outorga comprensións, alas e altofalantes para que muden de parecer: as violencias contra as mulleres ao longo da historia. O patriarcado, a violencia de xénero, a prohibición da cultura, educación e aprendizaxe son algunhas das liñas que as vencellan.
Esas desigualdades estructurais e de xerarquía que tamén se ven reflectidas nas relacións de parella que viven as protagonistas, unidas a homes que amaron e creron amar nunha relación de maltrato.

Unha novela de fácil lectura e cun toque de intriga.
Comentar  Me gusta         00



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro