InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de TamaraUp


TamaraUp
18 February 2024
Unha historia onde a protagonista principal é a saúde mental. Si, representada en Aurora. Unha rapaza a cal ten esa vida idílica e de estereotipos cumplidos (traballo, fogar, parella..) Sen embargo, as dificultades para levar o seu día a día non opinan o mesmo. Un transtorno exemplificado dende o real, con humor, sendo unha historia lixeira e refrescante así como cruda e complexa, xa que afrontar as dificultades que nos ocasionan os pensamentos non sempre é doado e pedir axuda segue estando estigmatizado. Ao longo das páxinas romperanse tabúes, amosarase o amor e cariño de diferentes personaxes que mostran a preocupación por ela e valorarase o acompañamento profesional. Aurora demostra que ter guías e ferramentas nos facilitará unha vida máis amable e plena e que a valentía e fortaleza nada ten que ver co poder con todo. Unha grata lectura sobre o TOC máis alá de ensaios.
Comentar  Me gusta         00



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro