InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de Beavazquez_


Beavazquez_
14 September 2023
[GAL] A pesar de que acabo de comezar a coñecer a súa obra e aínda me queda moito por ler, recoñézome unha fan absoluta de Antía Yáñez (recoméndovos encarecidamente ler os seus artigos para la Revista Luzes).

En Non penses nun elefante rosa fíxome empatizar moitísimo con Aurora, a súa protagonista. Teño que dicir que cheguei a pasalo un pouco mal, porque as súas obsesións creábanme picos de ansiedade (unha, que ten as súas cousiñas), pero precisamente por coñecer o que os problemas mentais poden chegar a ocasionar nunha persoa, sentía moi reais todas as escenas.

Non obstante, a pesar dos momentos "desagradables" da novela, a realidade é que nos atopamos ante unha historia de amizade e superación persoal, alén da visibilidade da importancia da saúde mental.

Ogallá todas as persoas con problemas de saúde mental teñan ao seu carón algún Brais que lles axude a ver a luz ao final do túnel.

[CAS] A pesar de que acabo de comenzar a conocer su obra y aún me queda mucho por leer, me reconozco una fan absoluta de Antía Yáñez (os recomiendo encarecidamente leer sus artículos para la Revista Luzes).

En Non penses nun elefante rosa me hizo empatizar muchísimo con Aurora, su protagonista. Tengo que decir que llegué a pasarlo un poco mal, porque sus obsesiones me creaban picos de ansiedad (una, que tiene sus cositas), pero precisamente por conocer lo que los problemas mentais pueden llegar a ocasionar en una persona, sentía muy reales todas las escenas.

No obstante, a pesar de los momentos "desagradables" de la novela, la realidad es que nos encontramos ante una historia de amistad y superación personal, más allá de la visibilidad de la importancia de la salud mental.

Ojalá todas las persoas con problemas de salud mental tengan a su lado algún Brais que les ayude a ver la luz al final del túnel.
Comentar  Me gusta         10



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro
Apreciaron esta crítica ()(1)ver más