InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de Chuspaixonporler


Chuspaixonporler
18 August 2023
A autora aborda nesta novela, de xeito moi orixinal pero tamén de forma real un problema de saúde mental.

O longo de máis de 400 páxinas repartidas en cinco bloques, que coinciden cos elementos que compoñen o TOC e un epílogo, coñeceremos o presente e tamén o pasado de Aurora, unha muller nova, que vive soa, ten un bo traballo que lle permite estar economicamente tranquila, le novelas eróticas e gústalle de cando en vez saír de copas e ter sexo con quen lle pete.

Pero cando a vamos coñecendo mellor e viaxamos o mundo interior desta muller, vemos as constantes loitas internas e sentiremos a súa angustia, o seu malestar e incomodidade.

Aurora é moi esixente consigo mesma, estase sempre a insultar, menosprézase e tamén síntese culpable. Vemos o cruel que pode ser cos quen máis a queren sen embargo isto é unha ferramenta que emprega para evitar facerlles dano, para protexelos dela. Porque para ela, que sempre buscou ser a mellor, que non viran as súas debilidades, non é nada doado recoñecerse enferma a aínda moito menos contalo.

Menos mal que un bo día, un espelido neno de dez anos, Brais crúzase con ela e vaille trastocar o seu día a día e que nos van dar moitos momentos moi divertidos.

Sempre que se fala deste trastorno búscaselle a graza, sen embargo aquí vemos que non ten ningunha e que se pasa verdadeiramente mal. A autora danos unha visión real e non ideal deste problema e do difícil que é saír del e non sempre se consegue. E, tamén, sinala a inexistencia dunha saúde mental pública e a necesidade de ter recursos económicos para poder pagar as consultas. Neste caso pode facelo e aínda así elle difícil saír adiante pero, os que non que non teñen medios económicos, que fan?

Ademáis da saúde mental hai outros temas de fondo como a vulnerabilidade e a explotación laboral dos inmigrantes irregulares, o machismo e a violencia de xénero.
Comentar  Me gusta         10



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro
Apreciaron esta crítica ()(1)ver más