InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de Beavazquez_


Beavazquez_
17 March 2022
Asfixiante. Agobiante. Angustiosa. Se tivese que describir esta novela de Adanía Shibli nunha soa palabra non sabería por cal destes termos decantarme. E é que Un Detalle Menor é todas estas cousas, dun modo que fai que non queiras soltar o libro das mans, pero tampouco rematalo.

Estruturado en dúas partes, nel coñecemos un suceso, un “detalle menor” que tivo lugar en 1949 no Néguev: o apresamento dunha xoven palestina por parte dos soldados israelís e súa posterior violación e asasinato. Na primeira parte achegámonos ao momento en que acontece, cunha persoa narradora en terceira persoa que nos detalla o que sucedeu ao longo deses días. Posteriormente, na segunda parte estamos na actualidade, cunha narración agora en primeira persoa por parte dunha rapaza de Ramala nada o día que se cumprían 25 anos de tal acontecemento. Esta rapaza atópase, practicamente de casualidade, cunha mención a este suceso nun artigo e dende ese momento obsesiónase con esa historia e decide averiguar que pasou exactamente. 

O ritmo da narración é diferente en ambas partes, adecuándose ao tipo de narradora que hai en cada unha delas e creando esa atmosfera de tensión e agobio que se respira ao longo destas 150 páxinas. Non coñezo a vida da autora, pero saber que é palestina lévame a pensar en canto pode haber da súa propia historia nas páxinas que acabo de ler. Lévame a reflexionar, unha vez máis, sobre como debe ser sentirte apartada e rexeitada da túa propia terra, menospreciada polo simple feito de nacer onde naciches. Á marxe de calquera cuestión relixiosa e/ou política é algo que non chego a comprender. E quizais por iso "Un detalle menor" me chegou tan adentro.

O que teño claro é que é un libro que non esquecerei con facilidade.
Comentar  Me gusta         10



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro
Apreciaron esta crítica ()(1)ver más