InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de Iriagi


Iriagi
02 February 2023
Push é a novela escrita por Ramona Lofton (Sapphire), poeta, performer e axitadora cultural. 
 Claireece Precious Jones é a protagonista desta obra de Sapphire, narrada en primeira persoa. Unha adolescente de dezaseis anos, negra, analfabeta que espera o seu segundo fillo, fruto das sistemáticas v*olacións do seu pai. 
.
A pesar de non saber leer nin escribir Claireece adora ir á escola, porque digamos que alí logra evadirse de todos os seus problemas e da v*olencia intrafamiliar. Porque ademais dun pai v*olador, Precious convive coa súa nai de quen recibe múltiples vexacións, m*ltrato físico e psicolóxico, obrigada a realizar todas as tarefas da súa casa. Por mor das dificultades que o sistema lle antepón, Precious é expulsada da secundaria, trasladada a un programa de alfabetización, onde coñecerá á Señorita Rain, un pilar fundamental.
.
Con esta premisa parece que estamos ante unha obra cruda, difícil de dixerir e non vou a mentir, porque efectivamente é un libro duro no seu conxunto, pero Sapphire válese de Claireece para narrar todo este horror. E neste sentido a lectura é áxil. Asique temos a unha adolescente que fala sen filtros, soez e grosera porque o mundo tamén o é con ela. Como resultado, unha prosa super sencilla que nos adentra nas problemáticas sociais do Harlem dos anos 80. 
.
Pero isto non é todo, porque Push pon en evidencia os cánones de beleza imperantes. Claireece anhela ser unha nena branca, delgada  e lista, porque considera que desta maneira nada do que lle acontece tería sucedido, como si esa fose a clave do éxito e a solución aos seus problemas. Heavi verdade?
.
O racismo estrutural e institucional tamén está presente a través do profesorado e a traballadora social que atende a situación de Precious a través da infantilización, condescendencia e superioridade.
Comentar  Me gusta         00



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro