InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de Iriagi


Iriagi
02 November 2021
Nawal El Saadawi escribe "Mujer en punto cero" como resultado dunha investigación na cárcere de mulleres do norte de El Cairo, sobre a saúde psicofísica e social das mesmas.
O libro é o resultado dunha entrevista realizada á protagonista desta historia dende a súa propia cela, condenada a morte polo asasinato dun proxeneta, horas antes da súa execución.
 Por suposto nela, Saadawi utiliza un pseudónimo: Firdaus, quen dende a súa infancia se enfronta á violencia dos homes que están ao seu arredor, comezando polo seu pai.
"Cuando moría una de sus hijas, mi padre tomaba la cena, mi madre le lavaba las piernas y luego se iba a dormir como todas las noches. Cuando la criatura que moría era un niño, le daba una paliza a mi madre, luego cenaba y se echaba a dormir. Mi padre nunca se acostaba sin cenar, ocurriera lo que ocurriese. A veces, cuando no había comida en casa, todos nos íbamos a la cama con el estómago vacío. Pero a él nunca le faltaba la cena"
.
Despois, comezaron os abusos do seu tío e a violencia dentro do matrimonio.
Co certificado de ensinanza en man, Firdaus intenta innumerables veces unha saída laboral nun espazo totalmente prohibido para as mulleres. E na procura dunha vida autónoma e ante as dificultades do camiño decide comezar na prostitución:" yo era una mujer inteligente y por eso prefería ser una prostituta libre antes que una esposa esclavizada". 

Esta frase é clave para entender o posicionamento da autora con respecto a esta practica; para a protagonista a liberación da escravitude matrimonial foi gracias á prostitución e o uso da violencia como acto de supervivencia.
.
Para min está claro que en segundo que países, contexto e circunstancias o traballo sexual pode chegar a ser liberador, como calquera outro traballo asalariado. 
.
Nawal el Saadawi en pouco mais de cen páxinas trata a prostitución e o sexo, cunha forma de escribir moi detallada e armoniosa,  sin pelos na lingua.
Despois de leela non creo que esqueza a unha muller como Firdaus, nin a esencia do que proxecta e transmite, porque sin dúbida súmase ás miñas persoaxes literarias favoritas. 
Comentar  Me gusta         00



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro